 |
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - un accidente na rua principal saldase sen feridos
|
|
|
|
 |
 |
Redaccion>Sucesos>Alén Pérez
13-08-2012
redaccion.boironarede@gmail.com
Ás 23:45 da pasada madrugada, a estrada AC-305 ao seu paso por Boiro -nas inmediacións da Casa Consistorial- un accidente de estrada que se saldou sen feridos.
Ao parecer, o suceso producise cando un home que responde ás iniciais E.A.L., de 66 anos e veciño de Boiro, conducía o seu Ford Focus de cor branco e con pracas de matrícula 2865-GRT en dirección Pobra cando, por motivos que aínda se descoñecen, este bateu contra dous vehículos estacionados na marxe dereita da estrada.
Os outros dous vehículos afectados foron un Seat Ibiza de cor negro con matrícula 3318-CHR e unha moto Honda DBF 600 con pracas 6411-FGT. Segundo testigos, esta última foi a máis afectada.
Ata o lugar do suceso desplazouse a Policía Local de Boiro e o Grupo Municipal de Intervención Rápida de Boiro -GRUMIR-, estos últimos foron os encargados de limpar o vial.
O accidente produciuse ás 23:45. Foto: Alén Pérez
|
En total 36972 visitantes (80479 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
 |
|
|