 |
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - Un accidente en cadea en praia xardin saldase sen feridos
|
|
|
|
 |
 |
Redaccion>Sucesos>A.Pérez
12-08-2012
redaccion.boironarede@gmail.com
A estrada AC-305 ao seu paso por Praia Xardin -fronte o IES Praia Barraña- foi esceario onte a tarde-noite dun aparatoso accidente en cadea no que se viron involucrados tres vehículos.
Eran as 21:34:38 cando un particular alertaba á central do 112 Emerxencias Galicia do incidente. O alertante, especificou na chamada que o incidente se saldara sen feridos, polo cal non se mobilizaron aos servizos sanitarios.
Dende o 112 Emerxencias Galicia, mobilizouse á Policía Local de Boiro e ao Grupo Municipal de Intervención Rápida de Boiro -GRUMIR- con base en Espiñeira, estes últimos foron os encargados de limpar o vial, xa que o vehículo máis afectado, un Citroën Saxo de cor gris con pracas de matrícula C-7093-CH esparcira restos de aceite e gasolina pola estrada.
Os outros dous vehículos involucrados foron un Audi A5 negro con pracas 6654-HDR e un Ford Focus Negro con pracas 8277-FST.
Debido á gran cantidade de turismos que pasan por esta estrada, o tráfico foi desviado por uns minutos pola rúa Espadañal.
O Citroën Saxo foi o turismo máis afectado. Foto: Alén Pérez
O GRUMIR de Boiro mobilizouse ata o lugar dos feitos. Foto: Alén Pérez
|
En total 36972 visitantes (80461 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
 |
|
|