Redacción>Boiro>BoiroNaRede>A.Pérez
Ao redor das 18:50 desta tarde, a central do 112 recibía a chamada dun particular alertando dun accidente en cadea na AC-305 ao seu paso por Boiro, concretamente, fronte a Casa Consistorial.
Ao parecer, por falta de visibilidade, o primeiro vehículo un Audi A3 negro con placas 2814-FCM, viuse obrigado a reducir a súa velocidade, e foi entón cando o segundo vehículo, un Volkswagen Golf Gti con matrícula C-6103-CC pilotado por M.J.?. , e o Fiat Marea Jtd 105 de cor granate con placas de matrículaa 3966-BDN. Se empotraron uns contra outros.
Ao parecer o sinistro produciuse dado a que os conductores do segundo e terceiro coche, non respetaban a mistancia mínima obrigatoria entre os vechículos.
Cabe destacar que este último vehículo levaba visible a "L", que significa conductor novato.
Ata o lugar do suceso trasladouse a Gada Civil de Boiro, Policía Local e unha dotación do Grupo Municipal de Intervención Rápida.
Os tres vehículos quedaron afectados. Alén Pérez
A Garda Civil de Boiro trasladouse ao lugar do sinistro. Alén Pérez
A parte frontal do Fiat quedou seriamente afectada. Alén Pérez
Os GRUMIR boirenses encargáronse de limpar o vial. Alén Pérez
Nesta parte da estrada, o Sol reflicte seriamente no asfalto. Alén Pérez