 |
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - Un novo incendio arrasa 240 metros cadrados en Triñáns
|
|
|
|
 |
 |
Alén Pérez
Redacción BoiroNaRede
30-06-2013
As altas temperaturas seguen a poñer en jaque aos servizos de emerxencia.
Esta tarde, arredor das 17:00, un particular alertaba á central do 112 Emerxencia Galicia dun avistamento de fume no lugar de Triñáns, en Abanqueiro.
Segundo sinalaron dende a Central de Emerxencias, na chamada especificábase que o lume podía afectar a unhas casas que estaban próximas.
Afortunadamente, e grazas á rápida intervención dos Servizos de Emerxencia non hubo que lamentar grandes danos e o lume non afectou a ningunha edificación.
Os primeiros en chegar ao lugar do sinistro foron axentes da Garda Civil de Boiro, que se encargaron de apartar aos máis curiosos para non lamentar danos persoais.
O Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Boiro, Bombeiros de Boiro e axentes do Distrito Forestal formaron o operativo de extinción.
Despois de case unha hora, o lume estaba sofocado e os servizos de emerxencia centrábanse en encarcar o lugar para evitar a reproducción das lapas.

|
En total 36972 visitantes (80468 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
 |
|
|