Unha mancha de gasoil obrigou a intervir esta mañá ao Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Boiro. Ao parecer, segundo informaron fontes oficiais, arredor das 10:00 de hoxe, no kilómetro 25 da AC-305 ao seu paso por Ponte Goiáns, un vehículo que circulaba por esta estrada deixou unha mancha de carburante duns 100 metros.
Os membros do Servido Municipal de Emerxencias tardaron menos dunha hora en limpar o vial e conseguiron así que se reestablecese a normalidade no tráfico rodado dese tramo no cal, ata o de agora, os conductores tiñan que circular con especial precaución.
*IMAXE DE ARQUIVO DUN MEMBRO DO SERVIZO MUNICIPAL DE EMERXENCIAS LIMPANDO O VIAL*
En total 36972 visitantes (80454 clics a subpáginas) Gracias por leernos!