Redacción-BoiroNaRede
Texto: Yael Sampedro
Imaxes e Vídeos: Alén Pérez
Para as oito da tarde do día de hoxe, no concello de Boiro estaba prevista a celebración do Pleno Ordinario do mes de Abril, que nin sequera se puido iniciar.
Un afectado polas participacións preferentes confesou, antes de dar comezo á sesión plenaria, que, para eles, hoxe é un día de loito xa que se confirmou que só cobrarán a quita aqueles afectados que poidan acreditar que foron estafados. Un portavoz da Plataforma de Afectados polas Preferentes de Arousa Norte, dixolle tamén ao Alcalde de Boiro, Juan José Dieste Ortigueira, que ou están co pobo, ou non están, e si en verdade os apoian, que ten que facer algo <<para que todos cobremos o que nos estafaron>>.
Na súa defensa, o Alcalde do Concello de Boiro, dixo que os cartos son deles e que os merecen, que está con eles, que si el fora o presidente todos os afectados tiñan os cartos nas súas mans, que o sinte e que él os apoiou en todo desde o primeiro día. Dieste Ortigueira defendía a obriga da realización do Pleno, xa que un dos puntos era o futuro da Gardaría Infantil, algo que, segundo declarou: <<É algo importante que nos importa a todos>>.
Os afectados polas participacións preferentes non estan dacordo co Alcalde, e opinan que non fai nada por eles, que xa van dúas estafas, que os cartos son deles e ainda non os teñen.
Os afectados quéixanse de que xa van moitos días durmindo no concello para eles, collendo pulmonías, gripes e incluso chegaron a confirmar que <<Hai xente que veu aqui a pincharnos os colchóns nos que durmiamos>>, quéixanse de que o alcalde lles obrigou a sacar os carteis que pegaran nas ventas do concello, carteis que levaban neste pleno. Os Afectados polas preferentes volveron a dicir que o PP comprou os seus votos dicindo que lle ían a arreglar o problema co banco.
O alcalde na súa defensa, dixo que él xa non pode axudalos en nada mais, e que no concello estanos tratando como reis, en resposta a este comentario, os preferentistas reventan o pleno con berros, decindo que como reis non queren estar no concello, que prefiren estar nas súas casas e coas suas familias, pero cos seus cartos no peto.
Os membros do PSOE, BNG, ICU e UPB abandonaron os seus asentos e apoiaron aos afectados.
Cabe destacar a amplitude do operativo que levou a cabo a Policía Local de Boiro, que non tivo que intervir, pero estiveron presentes 8 axentes.
O alcalde aprazou o pleno, xa que non se puido nin iniciar debido as protestas dos preferentes.