Redacción>Boiro>Alén Pérez
Como cada día, os vixiantes contratados pola Cofradía de Pescadores de Cabo de Cruz, facían unha rolda rutinaria polo areal boirense de Barraña.
O que non esperaban os vixiantes, era que o de onte, non iva a se un día calquera.
Arredor das 19:00, os vixiantes localizaban a presenza dun furtivo duns 20 anos nas inmediacións da ponte que comunica Boiro con Escarabote. Como de costume, os vixiantes dirixíronse a el para dalgunha forma darlle o alto e mandarlle tirar o marisco presuntamente extraído sen permiso.
Este era o comezo dun gran expectaculo, xa que cando o suposto furtivo os víu, este botouse a nadar co seu botín, dende a cofradía, estiman que serían uns cinco ou seis quilos de bivalvo.
O furtivo, armado cunha saqueta de rede, gafas de bucear, un tubo e un traxe de neopreno, comezou a nadar cara ao Saltiño.
Mentres, os vixiantes, deron aviso á Garda Civil, que en principio mandou unha unidade ao lugar dos feitos, pero ao comprobar que o furtivo non daba sinais de renderse, enviaron outra unidade. Ademáis deuse aviso á embarcación de Garda Costas con base no porto de Ribeira.
Arredor das 19:45 a lancha de Garda Costas estaba nas inmediacións de Barraña, pero cando querían coller ao furtivo, este sumerxíase.
Segundo informan testigos a BoiroNaRede: "Nunca vimos cousa igual, mareaba a Garda Civil e aos Garda Costas como quería".
Na praia de Barraña á altura do Saltiño, xuntáronse centos de persoas que non se querían perder como un só furtivo mareaba ás autoridades.
Si a Garda Civil e os vixiantes ian cara ó mar, el escapaba mar adentro buceando pra que a embarcación dos Garda Costas non o puideran coller, e viceversa.
Ao final, o furtivo saíu victorioso desta aventura, xa que non conseguiron arrestalo, pero ao parecer, sospeitan que sexa un vello coñecido das autoridades en cuestión.
|