 |
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - Un ferido nun espectacular accidente na autovía á altura de Sealo
|
|
|
|
 |
 |
Alén Pérez
Redacción-BoiroNaRede
Ás 15:57 desta tarde, a Central do 112 Emerxencias Galicia recibía a chamada dun particular alertando dun accidente de tráfico na Autovía do Barbanza, á altura de Sealo, en Boiro.
Dende a Central de Emerxencias mobilizouse ao Servizo Municipal de Emerxencias de Boiro, que de inmediato se desprazou ao lugar dos feitos.
Segundo informaron dende 112 Emerxencias Galicia, no suceso só se viu implicado un vehículo e o seu único ocupante saíu polo seu propio pé do automóvil.
O piloto foi trasladado ata o Hospital Comarcal do Barbanza por un familiar, pero segundo se puido enterar BoiroNaRede, non semellaba ter feridas de gravidade.
O coche, un Citroën Xara de cor gris, con pracas de matrícula 2346-BCP, quedou volcado na estrada, provocando así o corte do carril esquerdo do vial -en dirección Ribeira- durante preto dunha hora.
No operativo, ademáis de membros do Servizo Municipal de Emerxencias de Boiro, participaron tamén operarios encargados do mantemento da autovía.
Na imaxe, o coche volcado na estrada. Foto: ALÉN PÉREZ
|
En total 36972 visitantes (80483 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
 |
|
|