Xoves,5 de Xullo de 2012
REDACCIÓN>BOIRO>Alén Pérez
Redacción.Boironarede@gmail.com
Ás 2:05 do pasado mércores, uns extraños movementos duns cidadáns extranxeiros chamáron á atención dunha muller que paseaba polas inmediacións da Rúa Tenencia, en pleno centro de Boiro, tratábase de dous individuos que estaban atracando un vehículo estacionado en dita rúa.
A sorpresa da muller foi maior cando comprobou que o coche que estaban atracando era seu, <Non mo podía creer>, sinala a muller. Esta, sin saber que facer, atopou a unha unidade da Policía Local no cruce das rúas Tenencia e Principal, aos cales lles explicou o que acababa de acontecer.
A denunciante deu unha descripción exacta da roupa e complementos que levaban vestidos os supostos ladróns, polo cal, a Policia Local e a Garda Civil puxeron en marcha un amplo dispositivo de busca e captura para estes amigos do axeno.
A busca non tardou en dar os seus froitos, dado a que cando a Policía Local daba unha rolda pola Rúa Principal, estes individuos emprenderon a súa fuxida, pero non chegaron moi lonxe, dado a que un deles foi inmobilizado e arrestado a uns 300 metros do punto de fuxida, este, identificado como H.E.H.?., natural de Marruecos e de 30 anos de idade, na súa fuxida desfixose dunha mochila vermella, a cal contiña o bolso e a documentación da muller denunciante, asi como unhas 20 carteiras, 2 móbiles e 2 tarxetas de memoria, das cales o detido non puido probar a súa procedencia nin propiedade.
O outro individuo foi detido pola Garda Civil minutos despois de localizalo detrás dunha porta dun garaxe na Rúa Bao. Trátase de A.R.?. de 29 anos de idade e natural de Argelia, ao que ó igual que o seu compañeiro, a Garda Civil viu como se desfacía dunha mochila amarilla que contiña 212CDs de música e 103DVDs, todos eles falsificados.
Os detidos pasaron a noite nos calbozos de Espiñeira e esta mañá foron trasladados ao xulgado número 2 de Riveira
Así mesmo, na mañá de onte, un feirante presentouse no cuartel da Policía Local para denunciar o roubo dun bolso e documentación no interior do seu vehículo, pero o automóbil non presentaba síntomas de haber sido forzado.
|