 |
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - Unha muller de 60 anos resulta ferida leve tras ser atropelada por un coche en Escarabote
|
|
|
|
 |
 |
Redacción>Boiro>Alén Pérez
Arredor das 11:00 de onte, a central do 112 recibiu a chamada dun particular alertando dun atropelo na AC-305 ó seu paso polo municipio de Escarabote, tratábase dunha muller veciña de Boiro que responde ás iniciais M.E.G.F. de 69 anos de idade, que resultou ferida de consideración tras ser atropelada por un Toyota RAV4 con matrícula 8705-BTY pilotado por V.T.S. de 79 anos de idade e veciño de Boiro, cando esta se dirixía a protestar polas preferentes, xa que estaba afectada por NovaGaliciaBanco.
Segundo se puido enterar BoiroNaRede, a central do 112, mobilizou a unha ambulancia medicalizada do 061, Policía Local de Boiro, Garda Civil de Tráfico e os GRUMIR boirenses.
A muller ferida foi trasladada en ambulancia ao Hospital Comarcal do Barbanza, e segundo apuntan algunhas informacións, poderá ser dada de alta nas próximas 48 horas.
Debido ó nerviosismo do conductor do automóbil, a Policía Local decidiu pospoñer a súa declaración ata a xornada de hoxe. O conductor deu negativo na proba de alcoholemia.
Á espera do atestado, algús testigos apuntan que a muller cruzaba polo paso de peóns, e outros dín que o facía uns metros máis adiante.
Na imaxe, a muller está a ser atendida polos servizos sanitarios e na parte esquerda vese o paso de peóns e o vehículo. CECIDA POR DIARIO DE AROUSA
|
En total 36972 visitantes (80463 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
 |
|
|