Un particular alertaba arredor das 11:20 desta mañá á central do 112 Emerxencias Galicia en Santiago dun incendio nunha fábrica conserveira no lugar de O Chazo, en Cabo de Cruz.
Ata o lugar mobilizouse unha unidade da Policía Local, unha ambulancia asistencial do 061, o Grupo Municipal de Intervención Rápida de Boiro, duas motobombas dos Bombeiros do parque comarcal de Boiro e outra dos Bombeiros de Ribeira.
Cando os servizos mobilizados chegaron ao lugar do suceso comprobaron que o lume aínda non afectara á nave central da conserveira, senón que se orixinara nun alpendre anexo.
A rápida intervención dos servizos de emerxencia evitou que o percance fora a máis, e só houbo que lamentar danos materiais, como o total calcinamento dun xerador de electricidade, máquinas e combustible.
As causas do sinistro estanse a investigar.
A nave central non se viu afectada.
VÍDEOS GRABADOS POR ALÉN PÉREZ (fotógrafo)
Interior do alpendre anexo Fotógrafo: Alén Pérez
En total 36972 visitantes (80470 clics a subpáginas) Gracias por leernos!