 |
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - Atopan en A Gavoteira o cadaver dun can cas patas amarradas
|
|
|
|
 |
 |
Alén Pérez
Redacción-BoiroNaRede
11-03-2013
Un veciño de Escarabote levou unha desagradable sorpresa cando, o pasado venres, mentres camiñaba pola praia de A Gavoteira, se percatou da presenza do cadáver dun can que tiña as patas amarradas con cinta adhesiva.
Este home púxose en contacto coa Protectora Moura, a cal deu aviso ao colectivo Vox Ánima e xuntos peinaron a praia en busca do animal durante a xornada do Sábado, pero a busca non deu resultados. Foi entón cando, tra-la confirmación por parte de veciños de que alí se vira a ese can falecido, o presidente de Vox Ánima, José Carlos Vidal, acudiu onte á mañá ao lugar dos feitos e, xunto coa axuda dun veciño, deu co cadáver do animal arredor das 10:50.
O colectivo Vox Ánima presentou unha denuncia no cuartel da Garda Civil boirense, cuxos axentes iniciaron unha investigación.
Vox Ánima avisou tamén ao Servizo Municipal de Emerxencias, que comprobou si o animal tiña microchip, pero o resultado da proba foi negativo.
Tralas pertinentes comprobacións o Servizo Municipal de Emerxencias retirou o animal da praia.

Foto do can mentres lle miran se ten microchip. Foto: Vox Ánima.
|
En total 36972 visitantes (80446 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
 |
|
|