Redacción>Boiro>Alén Pérez
03-08-2012
redaccion.boironarede@gmail.com
Fai uns días, este xornal facíase eco dos roubos que estaban sufrindo os diversos locais hosteleiros de Boiro, daquela, os supostos ladróns xa foran arrestados.
Pero a madrugada deste mércores, un par de locais hosteleiros de Boiro volveron a ser visitados polos amigos do axeno. Trátase dos bares Alambique e O Recuncho, este último, situado a escasos metros da comisaría da Policía Local, xa fora escenario dun roubo o pasado Domingo.
Ao parecer, foi a irmá da dona do Bar Recuncho a que ás 04:30 se percatou de que a ventá do bar da súa irmá estaba aberta e con síntomas de haber sido forzada, polo cal chamou á súa irmá, á Policía Local e á Garda Civil. Cando a xerente lo local chegou ao lugar do suceso, unha unidade da Policía Local xa estaba dentro do bar inspeccionando que os ladróns non estiveran dentro.
Ao parecer, estes temerarios visitantes, fixéronse con fixéronse con 1010,20€ da máquina tragaperras e 50€ en cupóns de lotería da ONCE, pero cabe destacar que o Domingo pasado, se levaron 50€ en efectivo e os equipos informáticos.
Cando a Policía Local e a Garda Civil estaban aínda inspeccionado o Recuncho -arredor das 05:15- , foron avisados doutro intento de roubo no local hosteleiro Alambique, pero neste caso, os gritos dun veciño lograron escorrentar aos ladróns.
A Garda Civil de Boiro xunto coa Policía Municipal de Boiro e Pobra puxeron en marcha un dispositivo de busca e captura para estos individuos. O operativo non tardou en dar os seus froitos, xa que cando a Policía Local da Pobra do Caramiñal daba unha rolda pola inmediacións de A Mercé, avistaron a dous inviduos con grandes mochilas que lles fixeron levantar sospeitas, polo cal, procederon a darlle o alto.
Cando os axentes da orde comezaron a cachear aos sospeitosos, atopáronlle os cupóns de lotería e a recadación da tragaperras.
Os agora detidos, son dous, un natural de Ribeira e outro de Colombia, que pasarán a disposición xudicial na xornada de hoxe.

Na imaxe, a máquina tragaperras do Bar Recuncho.
Fotógrafo: Alén Pérez