Domingo, 1 de Xullo de 2012
Redacción>Boiro>Alén Pérez
redaccion.boironarede@gmail.com
Ás 6:30 horas desta madrugada, a central do 112 recibía a chamada dun particular alertando dunha saída de vía na estrada que vai de Boiro a Noia ao seu paso por Mieites. Na chamada realizada ao 112, alertábase que o coche se saíra do vial e fora parar a unha finca próxima situada a uns 50 metros dunha casa.
Dende a central do 112 mobilizouse á Garda Civil de Tráfico e ao Grupo Municipal de Intervención Rápida de Boiro (GRUMIR), cando os corpos de seguridade chegaron ao lugar dos feitos, o vehículo seguía no seu lugar, pero o ocupante ou ocupantes abandonaran o vehículo e déronse á fuga, polo momento, a redacción de BoiroNaRede aínda non sabe os motivos polos cales os ocupantes abandoaron o vehículo e cales foron as causas do sinistro.
Trátase dun vehículo da marca Golf de cor Gris con placas de matrícula 1374-FZT.
O vehículo quedou volcado nunha finca próxima. FOTO:Alén Pérez
Ata o lugar do suceso trasladouse unha unidade de Tráfico e outra dos GRUMIR de Boiro. FOTO:Alén Pérez
FOTO:Alén Pérez
En total 36972 visitantes (80448 clics a subpáginas) Gracias por leernos!