 |
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - aparece morto un home na sua casa de carinho
|
|
|
|
 |
 |
REDACCIÓN BOIRO>SUCESOS
ALEN PEREZ MANEIRO
Unha chamada ao CAE 112 Emerxencias Galicia e un aviso visual ao Grupo Municipal De Interveción Rápida de Boiro despertou a alarma no lugar de Cariño, en Cabo De Cruz.
Ao parecer, foron os propios veciños deste lugar os que deron a voz de alarma ao decatarse de que había días que non vian a un coñecido dese municipio de avanzada idade e que segundo indicaron os veciños <<Vivía só na casa>>.
Arredor das 11:00 da mañan e tras insistir chamando ao timbre da casa, os veciños, teméndose o peor, deciron chamar ao 112. Dende Emerxencias, deron aviso á Policia Local e á Garda Civil, pero aos poucos minutos, de casualidade, pasaba por alí unha unidade do GRUMIR boirense, os que pararon tras uns sinais visuais dos veciños.
Á chegada da Garda Civil, os Grumir Boirenses e a Garda Civil, procederon a entrar á vivenda da suposta víctima.
O cheiro ao entrar na casa facía presaxiar o peor para a Garda Civil e o Grumir.
Segundo informaron fontes da benemérita, o corpo do home, de avanzada idade, estaba tendido no chán nun avanzado estado de descomposición.
Segundo estas mesmas fontes, o cadáver e a escea dos feitos, non presentaban signos de violencia e o avanzado estado de descomposición podíase deber a que o corpo levase días sen vida e nunha habitación húmida.
Segundo informaron dende diversas fontes, trátase de Jose Nieto, duns oitenta e cinco anos.
O corpo foi trasladado ao Anatómico Forense de Santiago de Compostela, donde se lle practicará a autopsia.
|
En total 36972 visitantes (80451 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
 |
|
|