 |
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - Exhuman unha tumba no camposanto boirense
|
|
|
|
 |
 |
Redacción>Boiro>Alén Pérez
Fai arredor de 36 anos, no camposanto municipal de Vista Alegre en Boiro, dábase sepultura a un rapaz acabado de nacer, que ao parecer, o rapaz falecera durante o parto.
A suposta nai do cativo, estaba totalmente convencida de que ela fora víctima dun suposto caso de "Bebés Roubados", xa que no centro médico onde deu a luz, lle dixeron que o seu fillo nacera morto e ela o escoitara chorar pouco despois de nacer.
Foi o pasado luns arredor das dez e media da mañá cando un notario, os forenses, autoridades xudiciais de Ribeira, o enterrador e a suposta nai, se reuniron no camposanto para abrir o panteón no que se atopaban os restos mortais do cativo. Unha vez aberto o nicho, verificouse que non estaba vacío, e o persoal forense foi o encargado de recoller os restos para trasladalos a Santiago de Compostela, donde se analizarán e se intentará recoller unha mostra de ADN que acredite si en realidade son nai e fillo ou ambos son víctimas dun caso de Bebés Roubados.
Nestes momentos, estase á espera das probas que determinen a veracidade das sospeitas, pero mentres, a familia explicou a BoiroNaRede que quere manter esta noticia en máximo secreto.
A nai levaba moito tempo consultando a diferentes persoas e entidades para que a asesorasen sobre as accións e camiños a seguir, pero finalmente, prefireu presentar unha denuncia por si sola, e foi daquela cando se activou o dispositivo para intentar aclarar estas sospeitas.
|
En total 36972 visitantes (80473 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
 |
|
|