 |
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - Un accidente en cadea saldase sen feridos
|
|
|
|
 |
 |
Redacción>Sucesos>A.Pérez
15-08-2012
redaccion.boironarede@gmail.com
A estrada AC-305 ao seu paso por Peralto, Escarabote, foi esceario ás 17:00 de hoxe dun accidente en cadea sen feridos.
Ao parecer arredor das 17:00 a Central do 112 Emerxencias Galicia con base en Santiago, recibía a chamada dun particular alertando dunha colisión múltiple en dita estrada.
Ata o lugar do accidente desprazáronse membros do Grupo Municipal de Intevención Rápida, Policía Local e da Garda Civil, que comprobaron a veracidade da alerta.
Ao parecer, foi un accidente por alcance entre un Citroën C3 con pracas 4229-CXR, un Land Rover con pracas 9510-FMC e un BMW con pracas 09-55-EF, este último residente en Portugal.
O suceso saldouse sen feridos, segundo os veciños, neste punto xa se teñen rexistrado máis accidentes en cadea.
|
En total 36972 visitantes (80478 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
 |
|
|