Ás 20:40 desta tarde, a central da Policía Local de Boiro recibía a chamada dun particular alertando dun choque entre dous vehículos na rúa Poeta Manuel María.
O incidente saldouse sen feridos e a chamada ás autoridades produciuse debido a que un dos pilotos non quería firmar un parte amistoso.
O incidente produciuse entre un Toyota RAV4 gris con placa de matrícula 3204-BMY e un Seat Ibiza de cor vermello con placas C-3253-BL.
Ata o lugar do suceso trasladouse unha unidade da Policía Local boirense, quen se encargou de elaborar o atestado.
O lugar do suceso encheuse de curiosos xa que é unha das rúas máis transitadas do municipio.
En total 36972 visitantes (80447 clics a subpáginas) Gracias por leernos!