 |
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - Dous detidos como presuntos autores en diversos locais hostelerios
|
|
|
|
 |
 |

Redacción>Boiro>Alén Pérez(Redactor)
28-7-2012
redaccion.boironarede@gmail.com
Inseguridad, era o que sentían os propietarios de moitos locais hosteleiros de Boiro, xa que dende hai un par de semanas, foron moitos os bares que sufriron a visita dos amigos do axeno.
Algúns dos locais afectados foron A Tasca do Neno e o Cimo, este último, situado a escasos metros das oficinas da Policía Local.
Ao parecer, os supostos ladróns só levaban a recadación das máquina tragaperras e equipos informáticos, pero en algúns casos, chegaron a levar cartos que os propietarios gardaban na caixa rexistradora.
Como foron varios os negocios afectados, a Garda Civil abreu unha investigación que non tardou en dar os seus froitos.
O pasado mércores, a Garda Civil de Boiro, arrestaba a D.S.M. de 22 anos e a J.P.G. de 25 anos, ambos veciños de Boiro como supostos autores de roubos con forza en diversos locais.
Os dous detidos quedaron en liberdade con cargos tras pasar a disposición xudicial na xornada de onte.
Segundo sinalou o propietario dun negocio hosteleiro afectado a BoiroNaRede, <<Cando me dixeron que foran eles non mo podía creer, eran veciños e "amigos" nosos>>.

|
En total 36972 visitantes (80434 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
 |
|
|