 |
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - Oleada de Roubos na Rraia de barraña
|
|
|
|
 |
 |
Redaccion>Boiro>Alén Pérez
22-07-2012
redaccion.boironarede@gmail.com
Atónitos, así quedaron esta maña algúns dos usuarios da Praia de Barraña ao ver que as súas carteiras, móbiles e demáis pertenencias de valor desaparecian sen percatarse.
Foron máis de 20 os casos denunciados no cuartel da Garda Civil de Boiro. Xa que en moitos dos casos, os hurtos non só eran de cartos en efectivo ou móbiles de última tecnoloxía, senon que os supostos ladróns tamén se levaron diversas documentacións, como DNI, carnets de conducir ou mesmo tarxetas bancarias.
Segundo informaron testigos presenciais a BoiroNaRede, nun dos casos a persoa afectada, viu como un home con camiseta blanca e pantalón azul duns 21 anos, remexía nas súas pertenencias, pero este estaba na auga e non puido darlle alcance ao ladrón.
Imaxe da praia de Barraña onte á tarde. FOTO:Alén Pérez
Nesta zona da praia producíronse a maior parte dos roubos. FOTO:Alén Pérez
Dende BoiroNaRede, recordamos aos nosos lectores que vixíen as súas pertenzas en todo momento e colaboren cos vixiantes.
|
En total 36972 visitantes (80467 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
 |
|
|