Redaccion>
A.Pérez
Redaccion.boironarede@gmail.com
Sobre as 21:20 desta tarde, os veciños de Vilariño alertaban á central do 112 Emerxencias Galicia de que ,-segundo testigos-, saía fume do garaxe no que a empresa Homigones Boiro SL gardaba a maquinaria pesada e algún camión.
Dende a central do 112, mobilizouse un amplio dispositivo composto por un coche e unha motobomba do Grupo Municipal de Intervención Rápida de Boiro -GRUMIR-, tres motobombas dos Bombeiros de Boiro con base en Espiñeira, dende a central do 112 tamén se mobilizou a unha unidade dos bombeiros de Riveira.
Segundo apuntan as primeiras investigacións, o incendio puidose producir por mor dun cortocircuíto nunhas baterías que estaban cargando na parte esquerda do garaxe.
Os danos foros cuantiosos, dado a que as lapas calcinaron por completo un camión hormigonera, un elevador, as baterías que estaban cargando e deixou seriamente afectado o garaxe no que se gardaba a maquinaria.Aínda así, grazas á rápida intervención dos servizos de emerxencia, o percance non foi a máis.

FOTO: Alén Pérez

FOTO: Alén Pérez

FOTO: Alén Pérez

FOTO: Alén Pérez

FOTO: Alén Pérez