Redaccion>Boiro>Alén Pérez
redaccion.boironarede@gmail.com
O pasado domingo ás 18:30, dábase por inaugurado o novo local de Cáritas en Boiro, que a nova ubicación sitúase na Rúa Principal, no local do antigo comercio "Xefa", nas inmediacións da farmacia de Cimadevila.
O arzobispo foi recibido polas autoridades. Alén Pérez
Segundo explicou a presidenta de Cáritas de Boiro, Elena Castro, a asociación xa leva operando nesta nova ubicación dende hai algo máis dun mes, pero foi o Domingo cando se deu por inaugurada tra-la visita do Arzobispo de Santiago, Julian Barrios.
Castro, sinalou tamén que a asociación fórmana algo máis dunha decea de colaboradores e máis de 200 persoas ás que teñen que axudar.
O arzobispo bendiceu o local. Alén P.
O alcalde Juan José Dieste recibeu a Julian Barrios. Alén Pérez
Ao acto de inauguración acudiron autoridades civiles, locales e militares, xa que coincidía co día e ca pocesión de Corpus Christi na localidade boirense.
O arzobispo bendiceu a cerimonia e mostrou a súas felicitacións a Elena Castro e ao resto de colaboradores pola súa colaboración sen ánimo de lucro.
Momento no que Elena Castro mostrou o seu agradecemento ao obispo. Alén Pérez
A presidenta da entidade tamén lle mostrou o seu agradecemento a Julian Barros pola súa presenza e bendición.
O obispo visitou as instalacións. Alén Pérez
Na imaxe, algunhas das colaboradoras de Cáritas. Alén Pérez