|
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - A retorta manons e carragueiros foron galardonadas coa Q de calidade turistica
|
|
|
|
|
|
Redacción>Boiro>Alén Pérez
Como xa ven sendo habitual, a beleza das praias boirenses atrae ao turismo en xeral, por iso, un ano máis, as praias de A Retorta, Mañóns e Carragueiros, foron elixidas unhas das mellores praias españolas.
Por iso, o alcalde boirense Juan José Dieste, se trasladou esta mañá a Madrid a recoller as bandeiras e distincións que acreditan ás praias boirenses coa Q de Calidade Turística Española.
Este ano, só 174 praias en España conseguiron esta distinción, as praias boirenses contan cun posto de socorrismo, un servizo de limpeza de praias, duchas, baños e acceso para persoas minusválidas.
Ao acto celebrado esta mañá na capital española, estivo presidido por José Manuel Soria; Ministro de Industria, Enerxía e Turismo, e pola Secretaria Xeral para o Turismo: Carmen Pardo, pola secretaria de Estado para o Turismo, Isabel Borrego e o presidente do ICTE, Miguel Mirones.
En representación galega, acudiron os rexedores municipais de Boiro e Foz e mais o concelleiro de Seguridade Cidadá de Viveiro.
O alcalde de Boiro Juan José Dieste recolleu a Bandeira que acredita as praias boirenses coa Q de Calidade.
CEDIDA
|
En total 35234 visitantes (76310 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
|
|
|