|
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - A concellería de Turismo organiza unha ruta sendeirista para este venres
|
|
|
|
|
|
Redacción>Alén Pérez
12-07-2012
redacción.boironarede@gmail.com
A concellería de Turismo de Boiro, coa concelleira Cornelia Ces Miranda ao fronte, organiza unha serie de actividades para o verán 2012.
Entre as actividades, cabe destacar unha ruta de senderismo que se levará a cabo este venres día 13 de Xullo.
O percorrido, ten unha lonxitude duns 7Km, no que cabe destacar a parada en Vista Alegre, lugar dende o que se pode contemplar unha magnífica panorámica do centro de Boiro denoite.
A ruta tería o punto de saída dende a Praza do Concello, pasando por A Boliña, Rexidor, Trebonzos, Vista Alegre, e de regreso á Praza do Concello.
A ruta ten unha cota de inscrición de 2.50 euros para os adultos e de 1.00 para os nenos, podendo anotarse na Oficina de Turismo de Boiro e no mail turismo@boiro.org ou no teléfono 981-84-26-54
Esta é unha das oito rutas que a Concellería de Turismo ten organizadas para este verán.
|
En total 35230 visitantes (76273 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
|
|
|