Redacción>Boiro>A.Pérez
O pasado mes de novembro, o Concello de Boiro poñía en marcha un novo proxecto, da man de Cristian Rodriguez Noya, que levaba por nome, "Aula de Teatro". O proxecto, tiña como obxectivo dinamizar á xuventude de Boiro e romper con ese lecer sedentario, que se establece na xuventude, e darlle un sentido a ese tempo libre con valores educativos e sociais, procurando finalizar cun absentismo cultural de valores.
Ademáis, o proxecto, pretendía conseguir novos membros para o Grupo Municipal de Teatro e establecer un público estable para o teatro.
Tra-lo duro traballo de apoio ó teatro, tanto da man da Concellería de Cultura como do grupo municipal de teatro, toca recoller os froitos sementados.
Tralos talleres introdutores ao mundo do teatro que Cristian veu realizando nos meses de novembro e decembro; e tras cinco meses de duro traballo toca remata-las aulas de teatro.
A clausura do obradoiro, ten como data o sábado 16 de xuño a partires das 11 h da mañá e das 19 h da tarde na Casa da Cultura de Boiro Ramón Martínez López.
Pola mañá realizaranse un taller teatral con xogos para desenvolver as tres destrezas nas que se centra o proxecto: interpretación, expresión corporal e improvisación.
Estes talleres estarán desenvoltos polos alumnos máis grandes das aulas. Logo representarase un pequeno espectáculo “de diálogos” a cargo das aulas de teatro de Boiro e Abanqueiro. Pola tarde representarase “O vertedoiro, un xogo de ratas” a man dos alumnos da aula de teatro de Abanqueiro.
Para este día, como non podía ser menos, contarase coa axuda do grupo municipal de teatro.
Cabe mencionar que o proxecto non está illado no tempo e que se baralla a
posibilidade de retomalo o próximo ano chegando á poboación da terceira
idade.