Redacción>Boiro>Rubén.P.
16-08-2012
redaccion.boironarede@gmail.com
Hai tan só uns días Boironarede anuciaba a inauguración do club náutico Marina Cabo de cruz.
Hoxe arredor das 15:00 o Marina Cabo de cruz acollía a terceira proba da regata por etapas máis importante de España, a Regata Martín Codax.
Arredor das 15:20 as primeiras embarcacións chegaban ó porto crucense. Foron aproximadamente 100 embarcacións participaron nesta etapa que transcorría dende a Pobra do Caramiñal ata Boiro, lugar no que eran recibidos polo alcalde de Boiro, Juan José Dieste; polo presidente do Real Club Nautico de Vigo, Antonio Conde; polo presidente do Club Nautico; Marina Cabo de Cruz , Manuel Fajardo e demáis autoridades locais e comarcais.
Foron moitos os centos de persoas entre veciños, turistas e afeccionados á fotografía os que se pasaron na xornada de hoxe polos pantaláns crucenses, donde estaban atracadas tódas as embarcacións, incluíndo unha da Armada Española, tripulada por Ángel Tafalla, Santiago Bolivar, Tomás Bolivar e Francisco Rapallo -todos eles almirantes da Armada- a bordo do Portocelo.
Ás 19:30, Dieste, Conde e Fajardo, entregaron os trofeos aos tres primeiros clasificados. O presidente do RC Náutico de Vigo, fixo entrega duns agasallos ao rexidor boirense e ao presidente do náutico crucense.
Ao finalizar a entrega dos premios e agasallos, os asistentes puideron desfrutar dunhas mega-paellas, cociñadas polo persoal de Chicolino en paelleras de cinco metros de diámetro, ademáis da paella, os invitados e asistentes puideron desfrutar de mexillóns e refrescos, todo de valde.
Como anécdota, cabe destacar que Dieste e Conde remexeron as macro-paellas e lle serviron racións da mesma a algúns dos asistentes.
A saída está programada para mañá ás 13:00