Redacción>Gastronomía>Alén Pérez
18-08-2012
redaccion.boironarede@gmail.com
Este Domingo o peirao de Cabo de Cruz acollerá a
XI Exaltación do Mexillón organizada polas asociacións de mexilloeiros
A Marxa, AMC e Virxe do Carme.
Dende a organización, sinalaron que se rapartirán uns
5.000kg de mexillóns cociñados de diferentes formas. Ademáis dos mexillóns, as persoas que se acheguen ata a carpa ubicada no peirao crucense, poderán degustar empanadas e polbo a un módico prezo.
O presidente da Asociación de Productores Mexilloeiros A Marxa, David Places Fontaine, sinalou que os prezos serán
<<Adsequibles para todo o mundo, pero pretendemos dar a coñecer a calidade do noso producto, non regalar os mexillóns>>.
O Alcalde de Boiro, Juan José Dieste xunto con Nolo Romero, concelleiro de festexos, sinalaron a importancia desta exaltación para a comarca e que pouco a pouco se vai convertindo nun
"referente autonómico".
O tradicional prato da Exaltación, poderase mercar na mesma carpa e foi presentado aos medios o pasado venres.
-O PROGRAMA A SEGUIR SERÁ O SEGUINTE-
12.30.- Chega a Conselleira MRM, Rosa Quintana, á explanada
do Porto de Cabo de Cruz. Reciben o Alcalde e o Presidente de
12:40.-Traslado á rampa (no mesmo porto al lado da lonja),
donde un barco de un productor mexilloeiro os recollerá, para no
mar entregar la bandeira Traineras.
12:50.-Conselleira fai entrega da Bandeira aos gañadores d
a XXII Regata de Traiñas Concello de Boiro, o Alcalde e
Presidente de Portos fan entrega de dous maillots.
13:00.- Regreso ao porto para acto Exaltación Mexillón e
13.20.- Corte de cinta, visita e degustación en edificio anexo à
Lonja da Cofradía Pescadores.