Reportaxe de Yael Sampedro e Alén Pérez
Redacción-BoiroNaRede 13-03-2013
Tal como o publicaba onte BoiroNaRede, esta mañá, arredor das 07:00, o Monte Iroite amencía totalmente cuberto por unha capa de neve que cubría dende as carreteras de acceso ao porto de montaña como os arredores da base militar de controlación aérea EVA 10.
Debido ás baixas temperaturas, as estradas secundarias que dan acceso á cima do monte estaban cubertas por unha fina capa de xeo, polo cal, os membros do Servizo Municipal de Emerxencia se desplazaron ata o lugar para despexar ditas estradas e evitar así accidentes de tráfico ou saídas de vía.
Foron aproximadamente uns 100 Kilos de sal os que repartiron os membros do Servizo Municipal de Emerxencias de Boiro polas aldeas que se atopan polos arredores do Iroite.
Na tarde de hoxe continuou nevando pero cando as folerpas de neve chegaban ao chan, estas desfacíanse e non quedaba rastro delas.
Deceas de veciños achegaronse esta tarde ata os arredores da Base EVA 10 para poder desfrutar da neve, pero levaron unha gran desilusión cando comprobaron que a neve se desconxelara.
Dende a Axencia Galega de Emerxencias indican que para mañá xoves, non haberá risco de nevadas no Barbanza, pero sí risco de xeadas.
Imaxe da serra nevada ás 08:45 desta mañá dende a Praza de Anegral, en pleno centro de Boiro. Foto: Alén Pérez
Outra imaxe da serra coa neve, imaxe tomada ás 08:45 dende a praza de A Negral. Foto: Alén Pérez
Imaxe do monte Iroite esta mañá. Foto:CEDIDA
Imaxe do monte Iroite esta mañá. Foto:CEDIDA
Imaxe do monte Iroite esta mañá. Foto:CEDIDA
Outra imaxe da neve en Iroite. Fotógrafo: Alén Pérez
Outra imaxe da neve en Iroite. Fotógrafo: Alén Pérez
Outra imaxe da neve en Iroite. Fotógrafo: Alén Pérez