O Instituto Enerxético de Galicia asinou esta mañá unha convenio con diversos concellos, entre os que se atopa o de Boiro, para a posta en marcha dun proxecto piloto de iluminación para reducir o gasto enerxético.
O programa consiste na substitución de luminarias e equipos por outros de maior eficiencia en puntos estratéxicos dos concellos participantes, que son, en total, catro.
A previsión é que a aplicación destes sistemas máis avanzados permita reducir o consumo enerxético entre un 55% e un 75%.
Foto CEDIDA POR:Gabinete de Alcaldía do Concello de Boiro
Foto CEDIDA POR:Gabinete de Alcaldía do Concello de Boiro
En total 35231 visitantes (76284 clics a subpáginas) Gracias por leernos!