O vindeiro venres 22 de Xuño, a Casa da Cultura de Boiro acollerá a Gala Audiovisual Olloboi 2012.
Como se ven facendo dende anos atrás, a asociación "Marearte", organiza o concurso audiovisual Olloboi, no que participan alumnos de colexios e institutos de toda Galicia.
Este ano, o convidado especial é Tonhito de Poi, que presentará a gala.
O xurado, estará formado polo xa coñecido actor Miguel de Lira, Luís Avilés e o escritor noiés Agustín Agra.
A gala estará amenizada por música en directo do grupo ANXOBLAS
Ao rematar o evento, a festa continuará cun concerto no local hosteleiro A Pousada Das Ánimas.