|
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - Programacion Boiroverde inicia campana reciclaje paseo maritimo boiro
|
|
|
|
|
|
Redacción>Boiro>Alén Pérez
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Boiro, volve a poñer en marcha unha iniciativa de concienciación contra a contaminación através de BoiroVerde.
Esta vez, o obxectivo é a sensibilización das persoas cara ao respecto ao medio mariño e ás praias.
Para elo, os compoñentes de BoiroVerde contan coa axuda dos alumnos do CEIP Praia Xardín, Cruz Vermella Xuventude de Boiro, o concelleiro de Medio Ambiente Juan Antonio Moledo, o Alcalde de Boiro e todas as persoas que queiran colaborar libremente.
O proxecto levarase a cabo este Venres 1 de Xuño na Praia de Barraña, á altura do Colexo Praia Xardín, de 16:00 a 18:00, e consistirá nunha recollida colectiva de residuos na Praia de Barraña, e posteriormente, procederase á selección e mostra dos residuos recollidos.
A continuación, o Alcalde de Boiro, xunto co Concelleiro de Medio Ambiente comparecerán nunha rolda de prensa para informar sobre os efectos negativos dos residuos nos fondos mariños e nas praias da comarca.
O acto tamén contará coa presenza da empresa Hydronauta, especializada en submarinismo, que será a encargada de relatar na rolda de prensa os efectos negativos da contaminación nos ricos fondos mariños desta parte da Ría de Arousa.
|
En total 35235 visitantes (76320 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
|
|
|