|
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - COMIENZAN PREPARACION ALFOMBRAS ESCARABOTE
|
|
|
|
|
|
Redaccíon>Boiro>Alén Pérez
Á falta de tan solo dez días para Corpus Christi, os veciños e veciñas de Escarabote, xa están preparando todos os elementos necesarios para a elaboración das xa coñecidas Alfombras Florais.
Certo é, que este ano, en xeral, contan con menos presuposto que anos anteriores, pero para os veciños de Escarabote eso non parece ser un problema.
BoiroNaRede pasou unha xornada coas mulleres que estes días están preparando as flores e teñindo o sal para as alfombras da "Carretera Do Muelle". Segundo nos contan, en Escarabote, a elaboración das Alfombras divídese en cinco grupos, algúns, integrados por varias decenas de persoas. Cada grupo ocúpase da elaboración de cada tramo das alfombras, xa que o percorrido ten unha media de uns tres quilómetros e sería practicamente imposible facelo todo un só grupo.
Segundo comunicaron a BoiroNaRede, os rapaces son os máis involucrados na realización das alfombras, algúns xa empezan a axudar con cinco ou seis anos.
Julian Cernadas, con once anos, xa colabora na realización das Alfombras. ALÉN PÉREZ
Marisa a dereita, leva colaborando dende o primeiro ano que se fixeron as alfombras ALÉN PÉREZ
Unha decena de persoas corta flores estes días. ALÉN PÉREZ
Cero é que isto leva moito traballo, e o ano pasado, Alén Pérez, redactor e fotógrafo deste medio, foi testigo do duro traballo que se leva a cabo esa noite... e deixanos de mostra un vídeo con todas as fotografías...
PARA VER O VIDEO CLICK AQUI
|
En total 35236 visitantes (76329 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
|
|
|