|
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - Aficcionados ás dúas rodas invaden boiro
|
|
|
|
|
|
Redacción>Boiro>Alén Pérez(Redactor)
27-7-2012
redaccion.boironarede@gmail.com
A sala de xuntas da Casa Consistorial Boirense, albergou hoxe a presentación da V Concentración Moteira, que un ano máis organiza o clube moteiro BoiroMotos.
O portavoz do clube organizador Óscar España Fernández, invitou a tódo-los boirenses e visitantes a pasarse pola concentración "Con moto ou sin moto" sinalou.
Asi mesmo, aproveitou para dar as grazas tanto ao Concello de Boiro como a Protección Civil, Cruz Vermella e demáis casas colaboradoras.
O alcalde de Boiro, Juan José Dieste, aproveitou a ocasión para felicitar e agradecer o traballo que ven facendo o colectivo BoiroMotos dende hay media década.
Dieste, sinalou "na miña opinión, a parte dos inconvenientes que poida ter para o tráfico, penso que é un evento beneficiario para o pobo, xa que axuda ao sector da hostelería".
Nolo Romero, o Concelleiro de Deportes e Festexos, apuntou que o día máis importante será o sábado.
Romero, sinalou que o colectivo está a facer unha gran labor e que a Concentración Moteira de Boiro é un referente galego e nacional.
Asi mesmo, tódos apuntaron que a concentración contará con cursos de Educación Viaria para os máis pequenos.
España, Dieste e Romero deron a rolda de prensa. FOTÓGRAFO:Alén Pérez
Acto seguido, presentáronse os carteis e os trípticos. FOTÓGRAFO: AlénPérez
A continuación, podes ver o tríptico cos días e a programación da Concenración.
(trípticos y carteles cedidos por el gabinete de Alcaldía del Concello de Boiro)
|
En total 35233 visitantes (76292 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
|
|
|