|
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - O Hashtag #NoEresDeBoiroSi triunfa en Twitter
|
|
|
|
|
|
Redacción>Alén Pérez
03-10-2012
redaccion.boironarede@gmail.com
As coñecidas redes sociais como Tuenti ou Facebook que están pasando desapercibidas para os adolescentes e pouco a pouco, vanse sumando a Twitter.
No caso da xuventude de Boiro, pódese dicir que Tuenti só o usan pra "chatear en privado" ou compartir grandes cantidades de fotos, e Facebook xa nunca foi un atractivo para a xente desta idade.
Fai uns días aparecía en Twitter un perfil falso, co nome de @TheLopezMaister , no cal se dicían unha serie de "frases célebres" e chistes que facían rir a todo o mundo.
Foi onte, cando por motivos que aínda descoñecemos, o creador ou creadores deste perfil tiveron a idea de crear o "hashtag" "#NoEresDeBoiroSi..." .
Por exemplo: #NoEresDeBoiroSi llamas Avenida Constitución a la Calle Ancha ou nunca pediches churros de contrabando dende o recreo de A Cachada
Os usuarios que nese momento leron ese hashtag, nunca pensaron que se faría tan "famoso", é que ata o de agora, xa son máis de 500 os Tweets publicados con ese hashtag e unha frase célebre.
Podes seguir a evolución deste Hashtag facendo click aqui
|
En total 35236 visitantes (76324 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
|
|
|