Yael Sampedro
Redacción/BoiroNaRede
A baixada de temperaturas é evidente pois, o temporal destes últimos días e a brusca baixada de temperatura, fixeron que caeran en Boiro as primeiras folerpas de neve deste mes de marzo.
Foron moitos os curiosos que subiron ata arriba, ao monte de Iroite, a mirar se había rastro deste fenómeno de cor branco que tan pouco se ve pola zona barbanzá.
O sitio onde máis neve se viu foi xunto a Estación de Vixilancia Aérea Eva 10 , sobre as sete desta tarde.
Imaxe de hoxe á tarde nos arredores da EVA 10. Foto: Yael Sampedro
Para mañán espérase que as baixadas de temperatura sexan máis bruscas, polo cal se espera máis neve.
Dende a Central de Coordinación de Emerxencias de Galicia, alertan que mañá nevará en Boiro, como o fixo na xornada de hoxe, a partir dos 278 metros de altitude.
Protección Civil recomenda precaución nas estradas, xa que o risco de xeadas é moi alto, sobre todo ás primeiras horas da mañá e ás últimas da tarde.
Indicación no mapa do 112 do risco de neve BAIXO, para a xornada de mañá, a partir dos 278 metros.
A neve quedaba enrriba dos coches. Foto: Yael Sampedro