|
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - Esta mana presentouse o Banco de Tapons do Barbanza
|
|
|
|
|
|
Alén Pérez
Redacción-BoiroNaRede
15-03-2013
O caso da pequena Paula, -a rapaza de Boiro que naceu sen sacro- marcou de por vida a un grupo de persoas que siguen loitando contra as enfermidades infantís. Unhas persoas que, ata que saíu á luz o caso de Paula non se coñecían de nada, e agora siguen coa sua andaina e veñen de crear unha nova iniciativa.
A iniciativa, que foi presentada esta mañá nos almacéns de Prefabicados Buxán, en Valmaior, ten como primeiro obxectivo reunir 15.000 euros para Irene Abalo, unha rapaza de Boiro con parálise cerebral que precisa unha operación e diversas terapias.
Os responsables do Banco De Tapóns tamén resaltan que este grupo ven creado a partir doutra iniciativa galega, o "Banco de Tapóns de Baixo Miño", os cales lle prestan todo o seu apoio.
Este pequeno grupo de persoas -entre o que se atopan os avós de Paula- contan coa axuda de diversas empresas colaboradoras, como é o caso da xa citada, Prefabricados Buxán, que facilita un almacén para que o Banco de Tapóns almacene alí as toneladas de plástico -ata o momento levan 4.500 kilos-.
Os tapóns mercarannos empresas adicadas á reciclaxe deste material que, en principio, pagarán entre 200 e 250 euros por tonelada.
CONCELLO DE BOIRO :
- C.P Sta. Baia
- I.E.S. A Cachada
- Parking Municipal
- Peluquería Chuito
CONCELLO DE MUROS :
- Casa Petra
- Centro Social
CONCELLO DE NOIA :
- Eroski ( Gasolinera)
- IES Campo de San Alberto
- Puesto frutas y verduras CHUS ( Pza de abastos )
CONCELLO DE PADRÓN :
- C.P. de Flavia
- C.P Rosalía
- Estación de Autobuses
- Guarderia Municipal
-IES Camilo Jose Cela
CONCELLO DE POBRA DO CARAMIÑAL :
- C.P. Salustiano Rey Eiras
- I.E.S. de Pobra
- Muebles Lijó
- Piscina
CONCELLO DE PORTO DO SON:
- Párroco de Nebra ( Portosin)
CONCELLO DE RIBEIRA :
- Asociación Amas de Casa
- C.P. Aguiño
- C.P. Castiñeiras
- C.P. Galaxia
- C.P. García Bayòn
- C.P. O Grupo
- C.P. Palmeira
- C.P. Plurilingüe de Artes
- Hospital Comarcal do Barbanza
- Policía Nacional
|
En total 35231 visitantes (76278 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
|
|
|