|
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - O Banco de Tapons do Barbanza emite o seu primeiro envio
|
|
|
|
|
|
Alén Pérez
Redacción-BoiroNaRede
02-05-2013
A campaña de recollida de tapóns que está a levar a cabo o Banco de Tapóns do Barbanza co obxectivo de recadar cartos para nenos que precisen axuda, está a dar os seus primeiros froitos.
Na actualidade, o BTB está a recadar cartos para Irene Abalo Calo, unha rapaza de Boiro con parálise cerebral que precisa 15.000€ para levar a cabo uns tratamentos.
Para xuntar esos cartos, hoxe salirón do almacén de Prefabricados Buxán (lugar donde o BTB garda os tapóns) nada menos que catorce big bags cuns 350kg cada un, o que farían un total de cinco toneladas de tapóns plásticos.
A empresa encargada do transporte dos tapóns foi Felipe Ces S.L.
NOTA: O Banco de Tapóns do Barbanza sigue recollendo tapóns, este foi só o primeiro envío.
IMAXES CEDIDAS POR JUAN CARLOS RIAL
|
En total 35229 visitantes (76258 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
|
|
|