|
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - Oscar Lot, un boirense no Luar
|
|
|
|
|
|
Redacción>Cultura>Alén Pérez
redaccion.boironarede@gmail.com
29-09-2012
Queda claro que a fama dos artistas boirenses traspasa fronteiras, unha mostra disto, é a aparición de Óscar Lot no programa Luar que se emite os venres á noite na Televisión de Galicia.
Segundo explicou o propio Óscar a BoiroNaRede, o seu posto no programa é o de Recanteiro da comarca do Barbanza, Muros e Noia en dito programa.
Unha das probas que teñen que realizar os recanteiros, é a de cantar.
Lot, móstrase moi emocionado e ledo por este novo reto, xa que asegura <<Son moi tímido, e este programa, axúdame a perder a vergoña ante tanto público>>.
En breves BoiroNaRede contará cunha entrevista feita por Alén Pérez a Óscar Lot.
Dende aqui animamos a Óscar, que deseguro o vai a facer xenial. Ademáis, foi unha das primeiras persoas en animarnos a crear BoiroNaRede.
ÓSCAR TEN UNHA PÁXINA DE FANS EN FACEBOOK!! "Todos Somos Óscar Lot" (click na imaxe para ir á páxina de fans)
*Imaxes obtidas da páxina "Todos Somos Óscar Lot"*
|
En total 35231 visitantes (76279 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
|
|
|