Redacción-BoiroNaRede
Texto: Yael Sampedro
Fotos: Laura Hermida/Gabinete de Alcaldía
Os alumnos e alumnas do IES A Cachada, IES Espiñeira e IES Praia Barraña, tiveron o pracer de coñecer o venres a Sofia Toro, regatista galega gañadora dos XXOO de Londres, coa que tiveron o pracer de sacarse fotos e preguntarlle acerca das suas victorias.
Sofia contoulles aos rapaces como era ser regatista, e o duras que podian ser algunhas regatas. Contoulles tamen, que foi durante dous anos seguidos campiona de España, e en 2012, gañou os Xogos Olimpicos de Londres.
Explicou o dificil que foi para ela asumir que a sua categoria se tiña que quitar, pero que a pesar diso, inscribeuse nunha nova categoria coa proposicion de volver a ser a mellor nela.
Dixolles aos nenos que ela era capaz de entrenar catro duras e longas horas, ir duas horas ao ximnasio, estudar e ainda asi, ir ver a familia e aos amigos nas fins de semana.
A pregunta que mais emoción causou, foi a dun rapaz de dixo "como te sentiches ao saber que toda Galicia esta orgullosa de ti? " . Sofia respondeu que cando chegara das olimpiadas, no aeroporto perderan a sua maleta e tivera que esperar, da terminal de chegadas viñan voces que berraban o seu nome e moitas vocinas.
Comezaronlle a esbarar as bagoas polas meixelas, e saiu a fora sen coller a maleta xa. Estaba ali a sua familia (alguns familiares ata viñeron de Francia), os seus amigos, os seus veciños, e todos para recibila a ela. Despois foi por toda Coruña no coche de seu irman coa medalla, e todo o mundo se levantaba e lle apraudia.
"Sin duda ese foi un dos mellores dias da miña vida, e sintome moi orgullosa", comenta a regatista.

Centos de rapaces encheron o auditorio boirense. FOTO: GDA

Sofía Toro asinou autógrafos. Foto: GDA

O Alcalde e o Concelleiro de Deportes presidiron o acto. FOTO: GDA

O Alcalde de Boiro e o Concelleiro de Deportes observaron a medalla de Ouro. Foto: Laura Hermida

Sofía Toro estivo en Boiro. Foto: Laura Hermida