 |
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - O Centro Social de Cabo de Cruz organiza o 2 campionato de brisca
|
|
|
|
 |
 |
Alén Pérez
Redacción-BoiroNaRede
20-03-2013
Dado o éxito que tivo a primeira edición, o Centro Social de Cabo de Cruz está a organizar o segundo campionato de brisca.
Este popular xogo de mesa ten centos de devotos entre a xuventude, pero só se poderán inscribir persoas maiores de 16 anos.
Segundo informan dende o Concello de Boiro , os participantes deberán inscribirse por parellas antes do xoves 4 de abril e as roldas das partidas desenrrolaranse a partir do 10 de Abril. As partidas serán os mércores, de 16:15 a 18:00.
Para inscribirse pode chamar ao teléfono 981 84 78 59 ou enviar un correo electrónico a cabodecruz@boiro.org
|
En total 36972 visitantes (80435 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
 |
|
|