 |
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - O CD Boiro impuxose ante o Laracha
|
|
|
|
 |
 |
Redacción>Deportes>Alén Pérez
30-09-2012
alenperez97@gmail.com
O Campo Municipal de Barraña volveu a ser esceario hoxe ás 17:00 dunha nova victoria por parte do CD Boiro en categoría senior.
O Boiro, acadou un resultado final de 3-1 fronte o Laracha.
O equipo boirista, dirixido por Gelucho, fíxose coa victoria tras un intenso e emocionante partido, no cal predominou o espectáculo e algún que outro erro arbitral.
Os goles do equipo local correron a cargo de David Calo e Hugo Soto, Calo anotou dous tantos mentres que Soto apuntou o restante.
Momento de gol a favor do Boiro.Foto: A.Pérez
Foi no minuto 74 cando o Laracha anotou o primeiro tanto, debido a un erro defensivo do equipo local.

Técnicos boiristas. Foto:Alén Pérez
O Boiro queda así segundo na clasificación xeral, empatado a puntos co primeiro, o Xallas de Santa Comba.
Xogadores boiristas celebrando o gol. Foto: Alén Pérez
A directiva tamén celebrou os goles. Foto: Alén Pérez
DATOS DO PARTIDO
Campo: Campo Municipal de Barraña, herba natural, irregular.
Público: 300 afeccionados
Árbitro: Borja
Incidencias: Pequena lesión dun xogador boirista.
FOTOGRAFÍA E REDACCIÓN: ALÉN PÉREZ
|
En total 36972 visitantes (80426 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
 |
|
|