Redacción>Deportes>Alén Pérez
13-08-2012
redaccion.boironarede@gmail.com
O pasado fin de semana estivo moi cargado de actos en Boiro, e como non ia a ser menos, os deportistas boirenses tamén tiveron abundantes competicións.
Un claro exemplo é o do Clube de Piragüísmo Rias Baixas, que se desprazou a Tui e á Ría de Betanzos para desputar a Liga Galega de Ríos e Travesías coas súas categorías Cadete, Junior e Senior.
Na xornada do Sábado, os palistas boirenses desprazábanse a Tui para debutar o Descenso Internacional do Río Miño. Foi nesta proba donde os palistas Alejandro Tubío e Cristian Silva -na modalidade K2 Junior- se facían coa medalla de prata ao entrar en terceira posición ao igual que a súa compañeira Tamara Romero, que tamén acadou un terceiro posto na modalidade K1 Senior.
Xa na xornada do Domingo, membros do Rías Baixas desprazábanse ata a Ría de Betanzos para desputar unha travesía de 8´5Km.
Foi desta volta cando o Rías Baixas obtiña máis metais, sendo na modalidade K1 Cadete, na cal as palistas Sandra Triñanes e Vanesa Deán fixeron segundo e terceiro posto respectivamente. mentres a súa compañeira Tamara Romero acadaba un terceiro posto, na categoría K1 Senior, facéndose así coa medalla de bronce. Mentres Cristian Silva e Alejandro Tubío fixeron un segundo posto na modalidade K2 Junior.
Por último, destacar a actuación de Paula Castro con dous cuartos postos e a de Iván e Óscar na modalidade K1 cadete.

Integrantes do Rías Baixas coas súas preseas. CEDIDA