 |
BoiroNaRede - Noticias De Boiro - A ruta de sendeirismo Boiro-Lousame, todo un éxito
|
|
|
|
 |
 |
Texto e fotos: Gabinete de Alcaldía do Concello de Boiro
O pasado sábado 4 de maio os Concellos de Boiro e Lousame realizaron conxuntamente unha ruta de sendeirismo percorrendo os dous municipios.
A ruta foi un éxito, coa participación de 125 persoas que realizaron 13 km de percorrido.
Saindo dende a ermida de San Ramon de Bealo, poidemos visitar os petróglifos da Laxe do Agüeiro e da Pedra da Serpe, cunha breve explicación de Xoaquín España; tamén en Bealo, poidemos ver en funcionamento un dos poucos muíños de río que todavía hoxe en día continúa coas moendas, onde Pepe Pipidal (guía do Programa Paséate con Nós) respostou ás preguntas dos máis curiosos. Neste punto comezamos a ruta, un percorrido de 3,5 km. pola ribeira do río Beluso.
A segunda parte da ruta, foi a máis dura, a ascensión ó monte do Castelo de Fruime, aínda que paga a pena para logo disfrutar da fermosa panorámica que ofrece da Ría de Arousa.
Logo dun merecido descanso, comezamos a última etapa para rematar no entorno das minas de San Finx cunha visita guiada no Centro de Interpretación das minas, de man de Maite Sobradelo.

Na imaxe, @s participantes na ruta.
|
En total 36972 visitantes (80428 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
|
|
 |
|
|