BoiroNaRede - Noticias De Boiro - Alberto Nunez Feijoo visita e inaugura o nautico de cabo de cruz
  Portada
  => Alberto Nunez Feijoo visita e inaugura o nautico de cabo de cruz
  Deportes
  Sucesos
  Cultura
  Qué é BNR?
  Plantilla de BNR
  Contador de visitas
  Administrador.
  Enquisas
  El tiempo en Boiro.
  O PSOE de Boiro está a organizar unha charla informativa sobre a lei LOMCE
  Un santiagues de 57 años fallece en la playa de Barraña
  DE GUARDIA CON LA CUADRILLA 402
Redacción>Boiro>Alén Pérez
Redacción>Boiro>Carlos Vilas
09-08-2012
redaccion.boironarede@gmail.com



Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, visitou e inaugurou esta mañá as instalacións do Club Nautico Marina Cabo de Cruz.

Ás 12:06, Núñez Feijóo chegaba ás instalacións portuarias e era recibido polas autoridades comarcais e autonómicas. Pero na dársena crucense non só o esperaban as autoridades e a prensa, xa que un grupo de aproximadamente 40 persoas o esperaban na entrada ao Club Náutico armados con bocinas, sereas e pancartas, co fin de abuchear ao presidente.


Os afectados polas preferentes e o coche no que viaxaba Feijóo.Fotógrafo:Alén Pérez


Cabe destacar o operativo policial que se levou a cabo durante toda a mañá na dársena crucense, o operativo, estivo composto pola Garda Civil, Policía Local de Boiro, Grupo Municipal de Intervención Rápida de Boiro, Protección Civil de Boiro, Policía Portuaria e Policía Autonómica.


Ás 12:08, Feijóo baixaba do coche oficial para saudar ao Alcalde de Boiro; Juan José Dieste, ao presidente do Club Nautico; "Chicolino", á Conselleira do Medio Rural e do Mar Rosa Quintana e demáis autoridades e xornalistas.


Feijóo e Dieste dándose a man. Fotógrafo: Alén Pérez




Feijoo saudou a Chicolino, presidente do Club Nautico. 
Fotógrafo:Alén Pérez

A continuación, o cura parroquial, bendiceu as instalacións nauticas, e Núñez Feijóo foi o primeiro en entrar aos pantaláns de acceso aos barcos.



 
Feijóo foi o primeiro en entrar aos pantaláns, de fondo Rosa Quintana. Fotógrafo: Alén Pérez

De seguido, Quintana, Feijóo, Dieste e Chicolino pasearon polas instalacións do porto, comentando o bo estado das mesmas.
 
 

Ao rematar a visita aos pantaláns, Núñez Feijóo, Manuel Fajardo e Dieste Ortigueira compareceron nunha rolda de prensa.

 


Dieste, Feijóo e Fajardo compareceron ante a prensa. Fotógrafo: Alén Pérez

O primeiro en comezar a rolda foi Manuel Fajardo, «Chicolino», presidente do Club Náutico.

O cal sinalou que «é un orgullo para o Club Náutico, ser o primeiro club en España galardonado coa Bandeira Azul antes de ser inaugurado». Cabe destacar que o Club Nautico está equipado con materiais de última tecnoloxía e segundo sinalou «Algo que temos moi en conta é a recollida de residuos e o aforro enerxético, xa que tendo funcionando toda a iluminación dos pantaláns, a intensidade da corrente non supera os 120V.» 

Fajardo aproveitou a ocasión para obsequiar a Feijóo con un diploma que o acredita como Socio de Honrra do clube e convidouno a ir ao porto de Cabo de Cruz para saír a practicar a súa afección, a pesca.

 


Núñez Feijóo foi obsequiado cun diploma acreditativo como Socio de Honrra.Fotógrafo: Alén Pérez

O segundo en intervir foi o Presidente da Xunta, e este puxo ao Club Nautico de Boiro como un exemplo a seguir, e asegurou que tras a inversión que fixo o Nautico de Boiro, «Agora tócanos a nós, á Xunta». Núñez, fixo mención tamén á tan inquedante crise económica e asegurou que «Galicia é a Comunidade Autónoma con menos débeda».

 

Feijóo comprometeuse tamén a «Crear os proxectos para a instalación de pantaláns destinados aos bateeiros antes de que finalice este ano» e «acometer, nos anos sucesivos, a ordenación da lámina de auga para que convivan os bateeiros, a pesca de baixura, o marisqueo e a náutica».

 


Feijóo sinalou a importancia da pesca no sector económico galego Fotógrafo: Alén Pérez

 

Por último, o Presidente do Goberno Local, Juan José Dieste Ortigueira, agradeceu «O traballo e esforzo que leva facendo a directiva do Nautico de Boiro» e asegurou que dende o concello «axudaremos ao Clube na medida do que nos sexa posíble»

Ao remate da rolda de prensa, as autoridades e a prensa disfrutaron duns pinchos e refrescos a cargo do Club Nautico de Boiro.

 


Feijóo saudou aos camareiros. Fotógrafo: Alén Pérez



Autoridades e prensa disfrutaron de pinchos e refrescos. Fotógrafo: Alén Pérez


Á saída de Alberto Núñez Feijóo das instalacións portuarias, os afectados polas preferentes volveron a pitarlle e mostrar o seu descontento, mentres, Núñez Feijóo non se dirixiu a eles.



Fortes medidas de seguridade para controlar a manifestación. Fotógrafo: Alén Pérez



Reportaje de Alén Pérez e Carlos Vilas
alenperez97@gmail.com//cespon17@gmail.com
En total 36972 visitantes (80455 clics a subpáginas) Gracias por leernos!
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis